Primer Plano

Caballero (PSdeG) sitúa ao seu partido como "o motor do cambio" en Galicia para "protexer ás persoas"

  • 24 may 2020 / 19:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. E.P.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, situou ao seu partido como "o motor do cambio" para dar unha saída da crise en Galicia "que protexa ás persoas".

Desta maneira encara Caballero as eleccións que se celebrarán o próximo 12 de xullo na Comunidade e para as que este domingo colocou "a primeira pedra" a través dun encontro virtual coa militancia socialista e a presidenta do PSOE, Cristina Narbona.

Nela, subliñou a importancia de "reforzar as políticas sociais e construír unha auténtica política económica" que permita "frear a curva da desigualdade" igual que España conseguiu "frear a curva de contaxios".

Para iso, fixo un chamamento aos 10.000 militantes socialistas galegos como o "exército disposto a traballar polo cambio en Galicia". E é que, "a saída desta crise hai que realizala pola esquerda".

Así, Caballero destacou o compromiso do seu partido co público, a protección cidadá e o apoio aos autónomos, asalariados e á poboación máis vulnerable; algo que "xa está a facer o Goberno liderado por Pedro Sánchez".

MEDIDAS PARA PALIAR A CRISE

Tomando ao Executivo central de referencia, o líder socialista galego destacou as medidas propostas polo seu partido para Galicia, "encamiñadas a mellorar os cadros de sanidade e dos servizos sociais ou a dar apoio aos autónomos e ao sector cultural", unhas disposicións que "o Goberno de Feijóo non quixo asumir".

Por iso, fronte á "inacción da Xunta", o máximo dirixente do PSdeG chamou a "cargar as pilas" para conseguir un "Goberno ao servizo do país" o próximo 12 de xullo, xa que a opción que está en fronte representa a "unha dereita que perdeu a responsabilidade e está aliñada coa ultradereita".

O PSdeG é, así, "a garantía do progreso e da tolerancia fronte ás caravanas da irresponsabilidade", subliñou Gonzalo Caballero no encontro coa súa militancia.

COORDINACIÓN CO GOBERNO DE ESPAÑA

Pola súa banda, Cristina Narbona quixo destacar a necesidade dun Goberno progresista en Galicia "para coordinarse co Goberno de España na posta en marcha dun escudo protector que non deixe a ninguén atrás".

Neste sentido, a presidenta apostou por "defender o público" en todos os sectores, "atender mellor as necesidades cidadás" e que "esta crise non a acaben pagando os de sempre".

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.