Primer Plano
REGRESO ÁS AULAS

Carta de amor aos mestres

A viaxe máis alucinante que poderedes recordar // Chihiro, Pepiño, a nosa profe e os Piratas do Caribe

  • 11 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cando sexamos todos vellos, recordaremos cun soplo no corazón a viaxe máis alucinante vivida no 2020. Os seis meses pasaron como un suspiro: das margaridas dun colexio de Ferrol, ás ambulancias no medio da noite cando nos agochábamos nos pisos. A vida e a morte. Os mellis que medran. E un pai que se converte en estrela. Todo iso cobrou sentido no primeiro día do cole. Cando os nenos e nenas corrían como Bambis na busca da profe Fanny. E igual que na Viaxe de Chihiro, nos preguntábamos: “Pero que lles pasa?”. Non o ves? Chámase amor.

Para superar estes seis meses de escuridade desde que caeu sobre nós a traxedia da pandemia, tivemos que botar man de recursos emocionais inesperados. Paciencia, xogos, lecturas, videochamadas, moitas conversas virtuais cos compis e as nais. Pero tamén dun segredo: quen ten un bo profe, ten un tesouro. Na clase dos mellis, todos tiñan gañas de regresar ao cole. E todos volveron a casa eufóricos como lóstregos. Máis alá dos medos, imperou a ilusión.

A este primeiro día de cole despois do curso máis atípico só se chega grazas ao esforzo da comunidade educativa. Cuns profesores transformados en limpadores, administrativos, psicólogos, enfermeiros, organizadores de comedores e capitáns de exércitos. Máis alá do cacao monumental por parte das administracións públicas, por enriba da falta de directrices durante meses ou do exceso delas a última hora... Impera o extraordinario papel dos docentes, para facer malabares entre as necesidades educativas dos nosos fillos e a urxencia sanitaria.

Atrás quedan complicadísimas xornadas de conciliación, sobre todo para nais divididas entre tarefas de coidados, ensino, teletraballo e fregado. Entre as innumerables brechas destapadas por esta pandemia, tamén figura a das teletraballadoras. Imposible competir con compañeiros sen fillos. E aquí entra outra vez o papel dos profesores, que no caso do noso cole só aportaron ánimo e comprensión ás mamás.

Por diante, numerosos retos. Desde evitar que os nosos fillos collan o coronavirus (nada menos!!). Ata como xestionar posibles casos, con ese novo mundo de aulas burbullas, contactos, rastreadores e PCRs. E polo camiño, a aprendizaxe. Ou como retomar os días perdidos co esquelete Pepiño, asistir nos recreos a recreacións dos Piratas do Caribe e dos Vengadores (todo misturado con Frozen) e evitar que algúns se adiquen a cultivar a terra case montados en tráctor. Auténtica odisea no espacio só para vocacións a proba de bombas.

Cando viaxamos en coche desde Valdoviño a Ferrol, os mellis aplauden diante do cole e das casas onde viven os compis. As palmeiras pinchan un ceo tan brillante, coas estrelas do “Avó Antonio e a súa familia”. E esa alegría de vivir tamén se contaxia nos coles, máis forte que os virus. Grazas, profes. Aínda que as grazas nunca sexan suficientes.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.