Primer Plano

Luces e sombras dúas décadas despois

    • 12 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Aprendizaxes. Dúas décadas despois do afundimento do Prestige, aínda que se mellorou en moitos aspectos, tamén quedan sombras no caso de que volva a suceder un accidente semellante. Así, o avogado Ramón Sabín, sinalou que os buques “seguen navegando nas mesmas condicións que hai 20 anos, xa que as pólizas dos seguros son as mesmas e o Fidac aumentou algo as coberturas, pero seguen sendo moi insuficientes”. Tamén se bota en falta, segundo o profesor Juan Garrido, “plans de continxencia como os que teñen portos como o de Roterdam”, e “formación e planificación acaídas” a este tipo de catástrofes, segundo a catedrática María Loureiro. No plano positivo, Ricardo Beiras, catedrático de Ecoloxía, subliñou o feito de que se alonxase o corredor marítimo e que se implantase a obrigatoriedade de dobre casco neste tipo de buques. A este respecto indicou que un tercio dos que navegan fronte ás costas galegas transportan mercancías perigosas e “si nestes 20 anos non tivemos accidentes é porque algo sí se mellorou”.

    No caso de que produxera outro sinistro semellante, o catedrático Ricardo García Mira, di que “non se pode improvisar, e non pode pasar como co Prestige, que os concellos ofreceron respostas diferentes en función do grupo político que gobernaba”.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.