Tendencia descendente importante pero non suficiente: “Hai que seguir esforzándose”
O conselleiro afirma que os datos non son os adecuados por agora para falar de desescalada
Preocupación profunda polas declaracións negacionistas
En relación ás declaracións negacionistas do médico do CHUO, o conselleiro recoñece unha preocupación profunda. Malia que se fixeron desde o ámbito persoal, están mirando se procede un expediente.
Hai casos cofirmados de contaxios na hostalaría
"Hai casos cofirmados de contaxios na hostalaría, tamén no ámbito familiar. Temos claro que a hostalaría é unha contorna na que hai que estar sen mascara. Hai un risco por iso e pola mobilidade que xera a hostalaría, e vemos que as medidas funcionan", di o conselleiro. Buscamos todas as ferramentas para axudar a conter a transmisión de casos.
Tras a decisión xudicial de reapertura da hostalaría vasca, espera que non haxa problemas en Galicia
Sorpresa pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, de reabrir a hostalaría en Euskadi. "En Galicia, as decisións van ao decreto e ao DOGA. Confiamos nas nosas motivacións e esperamos que non haxa problemas en Galicia. Hai que tomar decisións importantes e temos que ter ferramentas". Insiste na proposta de Lei de Saúde.
Non procede falar agora da desescalada
O conselleiro afirma que os datos non son os adecuados por agora para falar de desescalada. Estamos nunha incidencia acumulada de máis de 500 e hai que chegar a 250. Nese momento falaremos de desescalada, que será proporcional e axeitada á situación epidemiolóxica.
Nova petición de asistencia aos cribados
O conselleiro insiste en darlle ánimos á poboación e agradecer o seu esforzo, e volve pedir a asistencia aos cribados masivos que se están realizando.
As medidas funcionan, pero hai que seguir traballando
O doutor Vázquez Lima, do comité clínico, apunta que as medidas restritivas implementadas funcionan, os datos son esperanzadores, pero aínda que hai que seguir traballando. Dálle as grazas á poboación que cumpre as normas. Gracias a eses cidadáns se conseguen nas melloras. O último en reducirse, malia os esforzos, son os pacientes en UCI, e o esforzo tan grande aféctalle aos pacientes non COVID. A peor noticia é o número de falecidos.
Baixa a presión hospitalaria
A ocupación hospitaria total é do 69%, e de pacientes COVID do 13%, que supón un descenso do 14 por cento nos últimos 7 días. A ocupación total nas UCI é do 67%, e de enfermos COVID doi 40%. A actividade cirúrxica está reprogramándose para evitar a ocupación de camas de críticos.
41 casos coa cepa británica
Hai rexistrados e confirmados 41 casos de COVID por cepa británica de coronavirus
Melloran as sete grandes cidades. A peor situación é a da Coruña e a mellor a de Vigo
Os datos das sete grandes cidades melloran ostensiblemente. Os peores son os da Coruña, cuxa incidencia acumulada (IA) a 14 días pasa de 863 a 697 casos por 100.000 habitantes, e de 392 a 305 a sete días.
Pontevedra, pasa de 650 a 595 a 14 días e de 352 a 242 a sete días
Ourense, de 906 a 606 a 14 días e de 381 a 225 a 7 días
Ferrol pasa de 352 a 242 a sete días
Santiago pasa de 644 a 466 a 14 días e de 277 a 189 a sete días
Lugo rexistra a día de hoxe unha incidencia acumulada de 384,6 casos por 100.000 habitantes a 14 días e 161 a 7
Vigo baixou a IA a 14 días de 464,5 a 367, e a de sete días pasou de 223,5 a 143,6
Hai 46 concellos galegos sen casos novos nos últimos sete días
A positividade promedio está no 6%. A incidencia acumulada baixa de 336 a 235 a 7 días e de 74o a 591 a 14 días. O número reprodutivo instantáneo baixa (contaxios por persoa) do 0,8. Hai 46 concellos galegos sen casos novos nos últimos sete días
Tendencia descendente da COVID, importante pero insuficiente
O conselleiro de Sanidade comeza a comparecencia indicando que continúa a tendencia descendente, é un descenso importante pero insuficiente para poder falar de contrención. Hai que seguir esforzándose.