Primer Plano

Máscara obrigatoria no ámbito laboral e máis obrigas para bares e restaurantes // Levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome, apelidos e número de teléfono

  • 21 may 2021 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Diario Oficial de Galicia deste venres publica a orde do 21 de maio de 2021 pola que se establecen as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en Galicia, e hai novidades. Unha delas afecta aos centros de traballo da comunidade, xa que estipula que “nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as ou traballadores/as e/ou clientes será obrigatorio o uso da máscara”.

En canto á hostalaría, foco de atención para milleiros de galegos e galegas, nos concellos enumerados con menos nivel de restricións, a gran maioría, a orde indica que os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co setenta e cinco por cento (75 %) da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no

caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser so caso, agrupacións de mesas, e respectaranse nas mesas as limitacións que se establezan para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial. O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas

deberán cumprir os requisitos que se determinen para este caso nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.

Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas. Neste caso, a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario de peche, exclusivamente para o servizo de ceas, máis alá do horario estipulado para os restantes establecementos de hostalaría deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.

2. Co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19, levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome, apelidos e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

3. Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas. Tanto nos casos de ventilación natural coma nos de mecánica ou mixta non se deberán superar no interior as 800 p.p.m. de concentración de CO2, será responsabilidade do

local adoptar as medidas precisas de renovación do aire para que non se supere a cifra indicada.


As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 22 de maio de 2021. Non obstante, a ampliación do horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas previsto no número tres do punto segundo desta orde terá efectos desde as 23.00 horas do 21 de maio de 2021 para os establecementos que non dispoñan desta opción actualmente.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.