Primer Plano

Xulgados: biombos e medición da temperatura

    • 28 abr 2020 / 10:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    SANTIAGO. Esas son algunhas das recomendacións que propón o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) no marco da redacción dunha guía de boas prácticas para previr contaxios por covid-19 nas sedes xudiciais cando se retome a actividade.

    Entre estas medidas a adoptar, propoñen a medición da tempertaura nos accesos aos xulgados, garantir as existencias de material de protección ou limitar o aforo en salas de vistas, así como en outras dependencias xudiciais.

    Así o reflicte o documento que a Comisión Permanente do CGPJ estudou no día de onte o “Protocolo de actuación para a reactivación da actividade xudicial e saúde profesional”, documento que inclúe a “Guía de boas prácticas para a reactivación da actividade xudicial e adopción de medidas de saúde profesional para a prevención de infeccións en sedes xudiciais”. Documentos que serán transladados á Audiencia Nacional e aos Tribunals Superiores de Xustiza previamente á súa aprobación definitiva.

    Deste xeito, o CGPJ contempla prácticas colectivas que deben observarse cando arrinque a actividade na Administración de Xustiza, novos hábitos que irán desde a limpeza e desinfección periódica á instalación de elementos de protección colectiva como biombos. redacción

    Tema marcado como favorito