Protagonistas
XOSÉ IGLESIAS

Arte nacido no mar e con espírito reivindicativo a prol da súa protección

Patrón de pesca, poeta e pintor da Costa da Morte

  • 27 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O mar é o medio de vida e a fonte de inspiración de Xosé Iglesias, un patrón de pesca ceense que, ao tempo que captura polbos ou centolas na ría é quen de converter en arte poética e pictórica a grandeza do medio mariño e de reivindicar para este a protección que precisa. Despois de publicar Nación mar, un álbum ilustrado de cetáceos, navíos, espíritos e mitos, vén de presentar Luces da Costa da Morte no que, conxugando a poesía visual e escrita, as baleas volven a ser protagonistas xunto cos faros, para demandar que a súa luz ilumine as mentes de quenes teñan competencias para recuperar da escuridade e o olvido a antiga baleeira de Caneliñas (Cee). Fágase a luz. j. M.

Tema marcado como favorito