Protagonistas
Xosé Manuel Barros

Chamada a voluntarios para limpar o esteiro do Anllóns en Ponteceso

Portavoz de la asociación ambiental Mar de Fábula

  • 26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A asociación ambiental Mar de Fábula, co apoio do Concello de Ponteceso, empeza o novo ano como acabou o 2021: limpando praias. Con tal fin, Xosé Manuel Barros e os voluntarios que se ofreceron a limpar, están convocados para o sábado día 29 no esteiro do Anllóns e á praia da Barra, no municipio pontecesán. Coa loable labor de recoller o lixo mariño que o océano devolve ás nosas costas, será ás 10.00 horas no Malecón da vila de Pondal. Apañarán envases e botellas de plástico agochados na xunqueira antes de adecentar o areal. Ao remate haberá un picnic de confraternidade e intercambio de opinións. Así se fan as cousas. J. M. r.

Tema marcado como favorito