Protagonistas
José Ángel Blanco

O Casco Histórico ‘morre’ e polo visto hai que resignarse

Xerente da Asociación Compostela Monumental

  • 15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

“O éxodo de habitantes da zona monumental, as vivendas baleiras, o alto prezo do alugueiro de locais comerciais ou a carencia de servizos para veciños e comerciantes é un mal que xa vén de atrás e que denunciamos hai xa máis de 20 anos”. Así de claro é José Ángel Blanco, xerente da asociación de comerciantes Compostela Monumental, que resulta demoledor: “non avanzamos absolutamente nada” en dúas décadas. O alcalde, Sánchez Bugallo, recoñece a perda de poboación e describe un modelo turístico que non lle gusta. Desde a oposición, Borja Verea pon o berro no ceo e propón atallar o declive do casco histórico recuperando o seu valor residencial. Que oportuna a queixa de José Ángel Blanco e que vacías as palabras de Bugallo e Verea. En vinte anos gobernaron socialistas e tamén populares, e aquí estamos, e aquí seguimos. Bla bla. X.C.

Tema marcado como favorito