Protagonistas
Julio García Comesaña

Os autobuses da proba de antíxenos, un gran acerto de Sanidade

Conselleiro de Sanidade da Xunta

  • 26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Unha boa cantidade de mozos e mozas fixeron cola este sábado na Praza Roxa de Santiago para facer unha proba de antíxenos no autobús do Sergas habilitado para iso. Sen que ninguén os chamase. O sector da poboación que non vai aos cribados -a asistencia rexistrada habitualmente rolda só o corenta por cento- e que tampouco soe chamar para concertar unha cita para unha proba PCR acode en masa ás unidades móbiles despregadas en lugares céntricos das cidades. Parece que o conselleiro Comesaña acertou nesta iniciativa na que, desde logo haberá que perseverar porque seguramente vai ser moi útil no control da pandemia. X.C.

Tema marcado como favorito