Protagonistas
Florencio Delgado Gurriarán

Plantar lonxe da terriña a árbore
da vida en galego

Homenaxeado no Día das Letras

  • 18 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Día das Letras Galegas sempre é unha festa, unha festa que, por unha parte, serve para recordar a figura do homenaxeado de turno e, por outra, nos recorda cada ano que unha primavera máis o noso idioma resiste os embates deste mundo globalizado. Nesta ocasión, está adicado a un persoeiro das letras que ben que necesita o impulso deste día para que se lle recoñeza todo o feito pola cultura e lingua galegas. Florencio Delgado Gurriarán é un nome que pouco lle dirá á unha inmensa maioría dos galegos. Esa é a mágoa do exilio republicano galego, que as persoas que o sufriron, ademais de estar condenadas a vivir e morrer lonxe da terra que os viu nacer, por riba, o esquecemento sepulta os méritos acadados na súas traxectorias existenciais. Velaí a importancia do Día das Letras para ir, ano a no, reparando no posible esta inxustiza histórica. Gurriarán foi un campesiño da nosa literatura que foi plantando a semente do noso idioma nos campos do exilio e a emigración, alén do Atlántico. Persoas como el souberon construir a capital cultural de Galicia en América, cando aquí a palabra en galego estaba apagada por forza maior. Un poeta bo, xeneroso e altruista das nosas letras. eduardo montero

Tema marcado como favorito