Protagonistas
MARÍA JOSÉ SAMPEDRO

Ribeira rende homenaxe ó mar cunha feira chea de artesanía e diversión

Concelleira de cultura de Ribeira

  • 17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira recupera esta fin de semana, do 18 ó 21, a súa feira artesanal e mariñeira, Artemar. Organizada pola concellería de Cultura, que dirixe María José Sampedro, a feira contará con cen postos que se estenderán ao longo das zonas peonís, creando un itinerario polas rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Santa Uxía, Porta do Sol e Praza do Concello. Haberá postos de alimentación, artesanía, xoguetes, especias, instrumentos musicais, perfumería, etc., así como talleres en vivo de oficios como o das redeiras, actividades infantís e espectáculos nocturnos. Unha cita que conta ca complicidade do comercio e a hostalería para engalanar Ribeira ollando ó mar. s. souto

Tema marcado como favorito