Protagonistas
Dolores Barro

Triunfa aos noventa anos no Camiño porque fai o que máis a ilusiona

Peregrina que fará a Ruta Xacobea por terceira vez

  • 22 ene 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dolores Barro vai facer, aos seus 90 anos, o Camiño de Santiago. Por terceira vez. Conta que a súa familia dille que está ‘tola’ e un pensa: pois bendita tolemia que lle permite seguir mirando de preto cousas marabillosas. Tenlle medo ao “fracaso”, teme non chegar, pero iso, calquera llo dirá, non é fracasar. O que é unha frustración, probablemente, é deixarlle todo peso da nosa vida ao pasado e perder de vista o futuro. Dolores triunfa pase o que pase, porque elabora proxectos e fai o que a ilusiona e, obviamente, o que pode. E demostra que esta filosofía vale tamén para as persoas ‘dunha idade’. Por iso é un exemplo vital. Grazas, Dolores. X.C.

Tema marcado como favorito