Protagonistas
Jesús Javier Perea

Un ano renovable aos valedores de Samuel: que pouco

Secretario de Estado de Migracións

  • 22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Recoñece a subdelegación do Goberno na Coruña que os senegaleses Ibrahima Diack e Magatte Ndyae puxeron a súa vida en perigo por axudar a Samuel cando foi agredido mortalmente nunha rúa herculina. O responsable da Secretaría de Estado de Migracións, Jesús Javier Perea, mostrouse conmovido pola humanidade e o civismo dos dous mozos africanos, que non dubidaron en actuar aínda co risco de expoñerse dada a súa situación irregular, e concedeulles un permiso de residencia e traballo “dun ano renovable”. Ben pouco agradecemento parece; triste e mesquiña semella a mensaxe social. Ibrahima e Magatte demostraron na situación máis difícil que son boas persoas, valentes e xenerosos, heroes no noso mundo rico e deshumanizado. Déronnos exemplo a todos e sería bo que queden con nós para sempre se eles así o queren. X.C.

Tema marcado como favorito