Área

Aquelarre simbólico e reivindicativo na eira das meigas do Neme

Será mañá, a partir das 12.30 horas, e haberá beberaxes máxicos e música tradicional

  • 23 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. A Plataforma pola Defensa do Monte Neme organizará mañá, día de San Xoán, o aquelarre de meigas no Monte Neme, un acto simbólico, festivo e tamén reivindicativo do emblemático espazo, segundo sinala Adrián Eirís, coordinador do citado colectivo carballés.

A asistencia é libre, pero prégase ás meigas que vaian ataviadas con escuras galas, pantalón, camisola e sombreiro cor negra e que non falten vasoiras, xestas e fiúnchos para o ceo. Tamén se recomenda, conforme á normativa sanitaria, o uso da preceptiva mascarilla.

Os participantes xuntaranse ás 12.15 horas na fonte e capela de Santa Cristina (a explanada da planta clasificadora) e despois peregrinarán cara á eira das meigas, no cumio do Monte Neme.

O acto comezará ás 12.30 horas. As meigas farán un conxuro e a poeta Rosalía Fernández Rial botará o meigallo maior. Posteriormente ofrecerase algún tipo de beberaxe máxico, cantarase e bailarase a música tradicional.

A plataforma organizou tamén o sábado unha reunión informativa no centro social de Oza sobre o proxecto de implantación dun parque eólico en dito monte. O colectivo púxose a disposición da veciñanza para unha oposición colectiva coa fin de evitar que os aeroxeradores cheguen a este espazo.

Tema marcado como favorito