Área

Aumentan a sete as liñas diarias de autobús entre Ponteceso e A Coruña

  • 01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

bergantiños. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade anunciou onte, a través do Diario Oficial de Galicia, que hoxe quedarán restablecidos todos os servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña, aumentando de cinco a sete as expedicións diarias. Unha vez levantadas as restricións por mor do covid-19, a partir de agora os usuarios dos transporte público disporán de dúas saídas de Laxe, ás 8.00 e 12.45 horas; unha de Corme, ás 7.30 h.; e catro da Coruña, ás 11.25, 15.00, 16.00 e 18.15 horas. Todos estes percorridos realizarán paradas en Ponteceso. A Xunta, no marco do novo Plan de Transporte Público de Galicia, está a licitar o contrato de servizos de autobús para o norte das comarcas de Fisterra, Bergantiños e A Coruña, que inclúe as citadas expedicións entre Ponteceso e a capital da provincia coruñesa.

Tema marcado como favorito