Área

Bertamiráns lembra a Guerra Civil e a ditadura con ‘Os exilios que somos’

  • 17 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. O Pazo da Peregrina, de Bertamiráns, foi o lugar escollido para presentar onte o fotopoemario Os exilios que somos, obra do profesor, poeta e veciño de Ames Xabier Ron, e a xornalista e estudosa da Memoria Histórica Irene Tomé. O traballo componse dunha serie de fotografías e poemas que evocan unha memoria persoal, común a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da Guerra Civil e da ditadura.

O editor, Henrique Alvarellos, e a concelleira de Cultura, Natividade González, acompañaron aos autores na presentación, que contou coa colaboración da libraría Lenda de Bertamiráns.

Ambos autores explicaron que é a devoción que senten pola investigación e a reflexión “do que fomos” o xerme de Os exilios que somos. A pretensión do traballo é a de “dar voz á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento, aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas”, sinalaron ó respecto Xabier e Irene.

O resultado é “un camiño de versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria”, recalcan. Non é a primeira vez que Xabier e Irene colaboran. No eido da poesía, publicaron en 2017 o poema As fendas do Pico Sacro. C.E.

Tema marcado como favorito