Área

Carballo recicla, de media, 1.300 quilos de aceite cada mes

Contan con vinte e oito puntos de recollida // No rural xa hai colectores en seis parroquias

  • 04 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os carballeses reciclaron no primeiro semestre deste ano un total de 7.843 quilos de aceite de cociña usado, situándose a media mensual en 1.307 quilos, “case douscentos máis que o ano pasado, o que reflicte a boa acollida do servizo de recollida selectiva que puxemos en marca en agosto do ano 2018”, sinalan desde o Concello.

Nestes momentos hai 28 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Non obstante, a experiencia piloto que se puxo en marcha en Razo, Pedra do Sal e Berdillo estendese polas parroquias a petición da veciñanza, e xa hai contedores tamén en Ardaña, Sísamo, Artes e Noicela.

Os colectores máis utilizados son os situados xunto ao Centro Comercial Bergantiños, xunto á oficina de Caixabank na avenida de Fisterra e no Mercado Municipal.

Destacan desde o goberno local que unha das vantaxes deste novo sistema é que os colectores están situados na vía pública, “o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as vinte e catro horas do día”.

A recollida nos novos contedores vai dirixida aos fogares. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas. Para facilitar o depósito, o Concello carballés ofrece á veciñanza funís adaptables ás botellas, que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na casa consistorial, no departamento de Medio Ambiente.

Desde o Concello lembran que os aceites de cociña son altamente contaminantes. Así, sinalan que por cada litro que se recolle “evitamos a contaminación de 1.000 litros de auga”. Ademais, engaden, evitanse problemas de drenaxe nas tubaxes e nos desaugadoiros, e avarías nas depuradoras municipais.

Ao mesmo tempo, quenes reciclan os aceites usados están contribuindo a reducir a dependencia de combustibles fósiles, “ao poder transformar este residuo en biocombustible ecolóxico, diminuíndo tamén a contaminación atmosférica”.

RECEPCIÓN. Por outra banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro Juan Seoane, recibiron onte a membros da promoción de oficiais de policía do ano 2000, da que forman parte os carballeses Roberto Mosquera, actual xefe da Policía Local de Carballo, e Jesús Benito López Ríos, que se xubilou o ano pasado.

Tema marcado como favorito