Área

Case sesenta rapaces da Maía no concilia Setembro Lúdico 2020

En total foron 163 os nenos que participaron na Escola de Verán celebrada en agosto

  • 03 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Acaba de comezar unha nova edición do Setembro Lúdico amesán con 58 participantes. A través deste programa trátase de facilitar a conciliación das familias da Maía antes do inicio do curso escolar, desenvolvéndose no CEIP da Maía, EEI do Milladoiro e CEP de Ventín.

E, por suposto, estase seguindo un protocolo de seguridade que, entre outras medidas, divide aos rapaces e rapazas en grupos de 15 usuarios como máximo, xunto con dous monitores. Estes grupos de nenos están nunha parte específica das instalacións do centro educativo e non se mesturan cos usuarios do resto de grupos conformados.

No que atinxe á división dos pequenos neste Setembro Lúdico, deses 58 acudirán 31 ao CEIP da Maía; 15 á EEI do Milladoiro e 12 ao CEP de Ventín. Ata o 9 de setembro, a rapazada inscrita está a realizar unha gran variedade de actividades e xogos en horario de 09.00 a 14.00 horas, excepto aqueles para os que se lle solicitou o servizo Bos Días, que comeza ás 07.30 horas, ou o servizo de comedor, que remata ás 16.00 horas.

Por outra banda, cómpre salientar que este pasado luns, 31 de agosto, rematou a Escola de Verán, que este ano se desenvolveu no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. En total, durante agosto a participación foi de 163 nenos. m.m.

Tema marcado como favorito