Área

Catoira non celebrará este ano a 60 Romaría e Desembarco Viquingo

Ofrecerán un programa simbólico, pero non a festa prevista para principios de agosto

  • 30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Catoira. O goberno local de Catoira informou da decisión de cancelar este ano a Romaría Vikinga 2020. “Ante as normas ditadas pola Xunta de Galicia, que xeran unha grande incerteza en canto á posibilidade de celebrar, a partires do 1 de xullo, festas, verbenas e outros eventos populares, como o que se organiza todos os anos neste municipio con ocasión da Romaría Vikinga, o goberno de Catoira decidiu cancelar a celebración prevista para a primeira semana de agosto”, sinala a administración local.

O Concello considera que a organización e programación dun evento desta natureza, no que participan milleiros de persoas, debe realizarse coa antelación suficiente para que se leve a cabo cunhas mínimas e esixibles medidas de seguridade e prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria , “polo que o lóxico e sensato é suspender este ano a celebración da citada Romaría Viquinga, decisión que o goberno municipal adopta polos motivos indicados e no exercicio dun esixible sentido da responsabilidade, xa que, por outra parte, o Concello carece dos recursos económicos, materiais e persoais necesarios para facer cumprir as normas”.

Finalmente, explican que este ano se conmemoraba o sesenta aniversario da tradicional e recoñecida festa, e que, co fin de ofrecer unha programación simbólica, o goberno municipal está a traballar na organización dalgúns pequenos eventos, con aforos moi reducidos. arca

Tema marcado como favorito