Área

Charlas e observacións astronómicas no Pico Sacro no mes de agosto

  • 16 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boqueixón. O Pico Sacro acollerá durante este mes e o de agosto o congreso público A Astronomía nas Rutas Xacobeas. Trátase dun programa que ofrecerá charlas e observacións astronómicas para todos os públicos. Está promovido pola Axencia de Turismo de Galicia, o Xacobeo 2021, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, en colaboración co Concello de Boqueixón.

A primeira das sesións levarase a cabo o vindeiro xoves 23 de xullo ás 22.30 horas. “Os exoplanetas centrarán a temática desta actividade á que seguirá unha observación do ceo nocturno na contorna do Pico Sacro”, explican dende o Concello boqueixanés. A segunda actividade desenvolverase o vindeiro martes 11 de agosto, tamén ás 22.30 horas. Neste caso, a sesión terá como protagonistas ás Perseidas.

As tamén coñecidas como Bágoas de San Lourenzo centrarán a observación astronómica, que, en ambos casos, correrá a cargo do persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago.

As dúas actividades do congreso público A Astronomía nas Rutas Xacobeas son de carácter gratuíto. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Boqueixón ( no enderezo cultura@boqueixon.com ou ben no teléfono 981 513 115). A.P.

Tema marcado como favorito