Área

Críticas do BNG carballés ao PP polo polígono

  • 20 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CARBALLO. O BNG critica o anuncio de ampliación do polígono de Bértoa por parte do presidente provincial do PP, e asegura que “é un insulto a Carballo intentar xustificar a inacción da Xunta dicindo que está á espera da aprobación do PXOM”. Se fose por iso, engaden, a ampliación do parque “xa estaría feita, posto que o Plan Xeral xa entrou en vigor o 26 de febreiro do 2016”. Os nacionalistas acusan ao PP de “utilizar unha escusa tras outra mentres tiveron anos e anos o procedemento de ampliación”. A petición do Concello e o empresariado, engaden, “tiveron que adquirir en outubro do ano pasado un compromiso da Xunta, reiterado en febreiro pola conselleira”.

Tema marcado como favorito