Área

Envían 3.350 máscaras e 5.200 luvas a 9 centros do Barbanza

  • 11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BARBANZA. A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte o covid-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área do Barbanza, concretamente a nove centros. Nesta comarca a partida inclúe 3.350 máscaras e 5.200 luvas. Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado quince envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección. Ademais, mandou outros 22.374 EPIS aos campamentos de Espiñeiro en Boiro e de Virxe de Loreto en Porto do Son para á protección dos monitores e dos participantes nos campamentos infantís que organiza Política Social. M. R.

Tema marcado como favorito