Área

Esixen en que se actúe na sobreira de Balboa

  • 11 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a estrada. O BNG insta ao Concello da Estrada a actuar de xeito urxente na sobreira de Balboa. Os nacionalistas lembran que no pleno do mes de febreiro aprobouse por unanimidade unha moción do BNG para abrir un concurso de ideas para conservar os restos da sobreira. Porén, “sete meses máis tarde alí sigue á intemperie”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. “A pesar de aprobarse a moción por unanimidade o goberno municipal do PP nada fixo para conservar esta árbore de máis de 500 anos, para darlle unha segunda vida como elemento patrimonial de todos os veciños e veciñas”. Desde o BNG instan ao Concello a “actuar sobre este ben patrimonial”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.