Área

Estabilizado o incendio de Berdoias-Vimianzo que afecta a unhas 30 hectáreas de monte

    Cargando reproductor ...
  • 15 jul 2020 / 19:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. O incendio forestal declarado na parroquia de Berdoias (Vimianzo) quedou estabilizado pasadas as 19.00 horas e afecta a unhas 30 hectáreas de monte, segundo informa a Consellería do Medio Rural. A rápida propagación das lapas viuse favorecida pola intensidade do vento de nordés, que dificultou as tarefas de extinción. Nas tarefas de control participan catro axentes, doce brigadas, cinco motobombas, una pa, tres avións e cinco helicópteros. Dende a consellería lembran que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información sobre incendios forestais pode ser consultada na conta de Twitter: @incendios085.

Tema marcado como favorito