Área

Laracha investirá 45.000 euros nas redes de auga de Golmar e Vilaño

Reforzarán o caudal en A Viña, As Brañas da Viña, Marfulo, O Igrexario e O Ramallal

  • 26 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. A Corporación larachesa habilitou un suplemento de crédito que permitirá ao Concello dispoñer de 1.119.706 euros do remanente de tesourería a financiar actuacións de interese xeral municipal. Un dos proxectos é a mellora da rede de abastecemento de auga potable na parte alta das parroquias de Golmar e de Vilaño.

A actuación consiste na ampliación da rede coa instalación duns 1.500 metros de novas tubaxes que recibirán subministro directo por bombeo dende a estación potabilizadora (ETAP) de Gabenlle. Deste xeito, reforzarase o caudal no ramal que abastece aos núcleos de poboación da Viña, As Brañas da Viña, Marfulo, O Igrexario de Golmar e O Ramallal.

O proxecto, que será financiado integramente con fondos municipais, suporá un investimento de 45.000 €.

OBRADOIRO. Por outra banda, o Concello e a Fundación Mujeres organizan un obradoiro sobre diversas temáticas que se desenvolverán en liña e de xeito gratuíto para todas as mulleres empadroadas no municipio. As interesadas poden inscribirse chamando ó 981 612 811 ou a través de servizos.sociais@alaracha.es.

Tema marcado como favorito