Área

Margarita Lamela responde ao escrito presentado polos voceiros da oposición de Cee

En todo momento defende as medidas de protección postas en marcha con motivo da crise sanitaria

  • 22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, vén de responder ao escrito presentado polos voceiros do PP, Ciudados, BNG e IxCee; no que lle reprochan, entre outros asuntos, que non se desenvolvese unha comisión de seguimento do covid cos grupos políticos e os sectores económicos locais. Ante estas acusacións a rexedora asegurou que se foron celebrando distintas reunións telemáticas dende o pasado 17 de abril. Concretamente, explica que dende que se decretou o estado de alarma mantivo conversas telefónicas, vía WhatsApp, por videoconferencia e incluso presencial o 13 de abril, cos grupos da oposición. “En todas solicitouse aos voceiros que achegaran as súas propostas ou melloras de actuacións”, aclara.

Lamela explica que no pleno do 30 de abril o PP solicitou que se crease unha comisión de seguimento pero que se lles explicou que “os acordos deben tomarse nas xa constituidas” e polo tanto, comunicouselle aos grupos a realización de xuntanzas de portavoces periódicas. Os días 30 de abril e 7 de maio, apunta a rexedora, convocáronse reunións de estudo e traballo e “a realidade foi que parte da oposición acudiu sen ler os informes” e que moitos solicitaron que fose a alcaldía “a que presentase as propostas”. Por iso, apunta Lamela, se demostrou que é mellor aprobar as medidas nas comisións xa constituidas.

Con respecto as críticas recibidas ao respecto da auga ionizada e do ozono, a alcaldesa ceense, indica que decidiron adquirir un xerador de agua ionizada e outro de ozono “logo de entrevistarse e asesorarse” en expertos na materia, neste caso con Julián Marín Calvo. Con todo, recalca, “en ningún momento se afirmou” que estas medidas substituísen ao lavado frecuente de mans, ao uso de xel hidroalcohólico e de mascarillas e ao mantemento da distancia de seguridade. C.E.

Tema marcado como favorito