Área

Obras de saneamento nos lugares amienses de Suevos e Sorribas

  • 10 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ames. O Concello de Ames, a través de decreto da alcaldía, aprobou a adxudicación das obras do proxecto de saneamento nos lugares de Suevos e Sorribas, ambos pertencentes á parroquia de Trasmonte, o pasado 22 de abril, en pleno período de confinamento. O proxecto, incluído no POS 2019, foi adxudicado á empresa Excavaciones Pose e fixouse que a duración inicial do contrato sería de 6 meses, a partir do día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo. No lugar de Suevos está previsto ampliar a rede de saneamento en 260 metros, cun total de 11 pozos de rexistro. No lugar de Sorribas, a ampliación será de 755 metros cun total de 22 pozos de rexistro. Finalizada a instalación das tubaxes e o recheo das gabias, procederase á reposición dos pavimentos afectados pola execución da obra que se leva a cabo. c.a.

Tema marcado como favorito