Área

Os nenos do Lousame Concilia combaten a calor cociñando e con actividades acuáticas

  • 16 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. Continúa a programación do Lousame Concilia, unha iniciativa do goberno municipal para a conciliación da vida familiar e laboral e que está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos . O programa desenvólvese nas instalacións do colexio público integrado (CPI) Cernadas de Castro en horario de 9.30 a 14.30 horas, según informou o Concello.

Así, nestes últimos días de forte calor e ante a imposibilidade de utilizar este ano a piscina municipal, que se atopa pechada por traballos de mellora, o profesorado está a organizar distintos xogos de auga.

Un deles foi o tradicional xogo de lanzamento de globos de auga que, por mor das medidas preventivas polo coronavirus, desta vez tivo lugar dun xeito diferente.

Así, para que a rapazada mantivera a distancia social, todos se organizaron en círculos que marcaban as distancias entre eles para lanzárense os globos os uns aos outros.

MERENDAS DIVERTIDAS Paralelamente, desde o Concello lémbrase que tamén en espazo aberto, durante os últimos días estanse a celebrar sesións de Merendas divertidas, unha iniciativa que se fai cociñando pequenos e sinxelos pratos como crepes, mini pizzas ou tacos.

Indicar que o programa de conciliación Lousame Concilia Verán está organizado pola concellería de Igualdade do Concello coruñés, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo (FSE).

Tema marcado como favorito