Área

Recoñecemento do Concello valgués aos mellores expedentes académicos

  • 09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

valga. Un ano mais, o Concello de Valga recoñece aos estudantes cos mellores expedientes académicos do municipio, nun acto que terá lugar o vindeiro xoves 16 de xullo no auditorio a partir das 19.00 horas. A gala, que será aberta ao público, homenaxeará aos estudantes cos mellores resultados académicos durante o curso 2019/20 que acaba de rematar. Como é habitual, serán obxecto deste recoñecemento alumnos que cursaron 6º de Primaria nos colexios Xesús Ferro Couselo e Plurilingüe de Baño. Tamén serán homenaxeados estudantes do IES de Valga que remataron a ESO, de Bacharelato –nas ramas de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais–, FP Básica de Fabricación e Montaxe e do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería e do Ciclo Superior de Construcións Metálicas. arca

Tema marcado como favorito