Área
LECER. No proxecto participaron 21 rapaces // Busca que os mozos teñan unha vinculación afectiva coa contorna

Rematado o ADN_ULLA

  • 10 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ADN_ULLA, un proxecto do Programa de Iniciativa Xove subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e desenvolto polo Grupo Informal 20ulla20 do concello de Vedra; nace na procura da inalienable necesidade de idenficación da xente co territorio, coa finalidade de desenvolver accións de sensibilización para coñecer a contorna, interpretala, sentila, investigala, valorala, etc, ao tempo que busca activar á poboación xuvenil cara a acción comprometida e responsable no desenvolvemento e dinamización local, tratando de recuperar, a través da mocidade, esa vinculación afectiva coa contorna que se vai perdendo.

Pretenden pois, centrar o proxecto na valorización do acervo rural, tanto natural como cultural e inclusive etnográfico, xa que reflicte o seu xeito de sentir, de saber, de vivir... tanto de tempos pasados coma dos presentes; procurando novos xeitos de relación con el.

Esta iniciativa de acción consolídase dende o lecer da xuventude do territorio ullá e xera diferentes alternativas de desenvolvemento sociocultural, dando lugar a un gran número de experiencias, caracterizadas por un mesmo nexo de unión: o respecto á propia contorna e á identidade propia.

Artellouse como unha alternativa de verán, onde os mozos tiveron un papel protagonista. Desenvolveuse dende o 20 de xullo ata o pasado venres 7 de agosto, e participaron un total de 21 rapaces e rapazas de entre os 13 e 25 anos, incluídos os 5 que promoveron o proxecto; todos e todas da comarca do Ulla.

Entre as principais actividades que se desenvolveron destacan obradoiros ambientais, actividades de interpretación e descubertas da contorna no Natur-Ulla, mesas de experiencias con asociacións da comarca, obradoiros de investigación e comunicación Etno-Ulla, campus ADN, saídas e acampadas, xincanas, accións de sensibilización e divulgación, obradoiro Cultur-Ulla, etc.

Ademais, o grupo creou unha conta de instagram, vehículo de todo o proceso e produto da iniciativa.

Tema marcado como favorito