Área

na Casa-Museo de Rosalía de Castro

  • 02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. A Casa-Museo de Rosalía de Castro, ubicada en Padrón, volve a abrir hoxe martes as súas portas logo de máis de dous meses pechada por mor da crise do Covid-19. A fundación que leva o nome da poeta xa ten preparadas todas as medidas de seguridade e de hixiene precisas, que suporán unha redución do aforo e algúns outros cambios.

A Casa de Rosalía regresa co seu horario habitual (de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas; domingos e festivos de 10.00 a 13.30, e luns pechados), aínda que non se realizarán polo momento visitas de grupos escolares nin colectivos de adultos, polo que tampouco haberá visitas guiadas. Todas as instalacións serán desinfectadas diariamente.

Si admitirán a visita en grupo dun mesmo núcleo familiar de convivencia, ata un máximo de cinco persoas (recomendan reserva no mail fundacion@rosaliadecastro.gal). Nas restantes visitas establécese un máximo de tres persoas por sala, incluída a recepción, e un total de 21 persoas no interior. O percorrido estará regulado e guiado por indicadores. s.e.

Tema marcado como favorito