Área

Retoman a escavación no castro das Barreiras e localizan un betilo

Trátase de pezas cun carácter simbólico que só se acharon en tres xacementos costeiros

  • 11 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. A empresa Terra Arqueos, baixo a dirección do arqueólogo Tito Concheiro, retomou as escavacións no castro das Barreiras, de Vimianzo, e topáronse cun betilo, unha peza cónica de pedra granítica que, segundo o seu equipo, forma parte dos obxectos de carácter simbólico que había nos lugares de culto. Son representacións abstractas dunha divinidade arredor das que se levaban a cabo rituais relixiosos e se realizaban ofrendas.

En Galicia son moi escasos, e só se atoparon en contextos prerromanos dalgúns castros do litoral, como os castros da Punta do Muíño de Vento e o de Toralla, en Vigo, e o de Elviña, na Coruña. Os investigadores consideran que gardan relación con actividades relixiosas e sociais de xentes de procedencia púnica-fenicia asentados neses pobos.

Por iso sorprende este achádego nun castro de interior, o primeiro en Galicia. A ausencia de material mediterráneo leva a Tito Concheiro a pensar na posibilidade de que este betilo formase parte do sistema de crenzas e cultos indíxenas. “É un achado excepcional, un dos máis sorprendentes dos últimos anos na comarca, e coloca ao castro vimiancés nun lugar de privilexio, único na ampla lista do patrimonio arqueolóxico galego”, asegura. M. r. l.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.