Área

Valga pon en marcha a depuradora para 450 veciños nas Cernadas

  • 02 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O Concello de Valga vén de pór en servizo a nova estación depuradora de augas residuais das Cernadas, despois de contar coa autorización de Augas de Galicia.

A EDAR dará servizo aos lugares das Cernadas e Casaldeirigo, ambos na parroquia de Setecoros. As augas residuais domésticas procedentes destes dous núcleos serán tratadas nun sistema de depuración deseñado para 450 habitantes equivalentes.

Esta infraestrutura é moi agardada polos veciños posto que na zona xa leva tempo instalada a rede de saneamento. Sen embargo non podía ofrecerse o servizo ata contar coa depuradora. As obras enmarcáronse nun proxecto máis amplo de mellora do alcantarillado nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros e saíron adiante non sen dificultades debido a problemas co primeiro adxudicatario. O contratista abandonou as obras, o que obrigou ao Concello a ter que contratalas de novo a outra empresa.

A estación consta dos seguintes elementos: un pozo de auga de entrada bruta, arqueta con reixa de desbaste, decantador-dixestor primario, arqueta para separación de graxas, pozo de acumulación de graxas, arqueta con peneira ou cámara de descarga, entre outros. m. outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.