Santiago

Alumnado do Lamas de Abade en folga urxente por mor das obras e as malas condicións nas aulas

  • 12 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

manifestación. A xunta de delegados do IES Lamas de Abade convocan unha folga estudantil urxente como resposta as innumerables queixas por parte do alumnado por mor das obras.

Así, o alumnado diríxese a inspección educativa e a unidade técnica xeográfica, manifestando a súa disconformidade coa situación e que exporán na manifestación que terá lugar mañá 13 de outubro .

Entre as demandas do alumnado, segundo un comunicado por parte da xunta de delegados do instituto, destacan de maneira especial unha solución inmediata para a axilización das obras, que “deberían de terse realizado antes do comezo do curso e de non ter cumplido o prazo establecido para a finalización das mesmas, atrasar o inicio das clases”, sinalan. Así mesmo, destacan “a inconformidade do alumnado ao ter que pasar algúns días até oito horas en aulas sen ventilación exterior algunha e sen luz natural de ningún tipo, afectando isto ao rendemento educativo e saúde mental do alumnado”, explican no comunicado. Sinalan ademais a imposibilidade de seguir as clases correctamente debido ao constante ruído das obras, así como a “falta de seguridade” nas aulas por mor destes traballos, chegando a producirse derrumbamentos e extravío dos equipos do laboratorio.

Así, a xunta de delegadosreivindica, alén da axilización das obras, a posibilidade de realizar o seguimento das clases de forma telemática debido as condicións ambientais das aulas. Esixen tamén a “reposición inmediata de todo o material extraviado nas obras por parte dos responsables do estrago”.

No relativo a ventilación das aulas, esixen “buscar solucións para poder manter unha ventilación das clases e coa iluminación natural adecuada”. Por último, entre as súas demandas, piden “a implementación dunha escoita activa ás propostas do alumnado”. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.