Santiago

nas casetas da Alameda

  • 12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

feira do libro. Hércules de Ediciones sigue a estar presente na Feira do Libro de Santiago. Así, mañá, ás 19.00 h, Anu Pitaken estará nas casetas con Cores no mar, un libro que levará aos máis pequenos a coñecer un mundo de cor e diversidade baixo o océano, e Sen rastro do gato, unha divertida aventura chea de maxia da serie Filippa and Compañía. Ademais, o 14 de maio, ás 20.00 h, será o momento de Pepe Carballude, autor de De como o Santo dos Croques se fai peregrino, un clásico pioneiro en achegar aos mozos ao Camiño de Santiago de xeito divertido, que foi reeditado por Hércules de Ediciones. Por último, o sábado, 15 de maio, ás 18.00 h, Victoria García e Laura Cortés asinarán exemplares de As formiguiñas filandeiras, un álbum ilustrado perfecto para falar de cooperación, de traballo en equipo e de como xuntos somos máis fortes. ecg

Tema marcado como favorito