Santiago

As Cancelas aposta pola sostibilidade con ‘Smartway’

  • 01 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. As Cancelas súmase ao proxecto de mobilidade sostible Smartway, enmarcado dentro do Smartiago, que pretende transformar Santiago nunha cidade intelixente. A través desta aplicación búscase favorecer o desprazamento urbano sostible e fomentar os valores de coidado do medio ambiente. Debido ó reto de compatibilizar a mobilidade e o transporte sostible, a clave é facelo mediante a tecnoloxía e o compromiso da poboación. Por iso, a través da aplicación SmartWay Smartiago, As Cancelas funcionará como punto de recollida para algún dos premios do proxecto e os usuarios tan só terán que acumular roteiros, dirixirse ao complexo e trocar os seus puntos escaneando o código QR que facilitarán dende o Punto de Atención ao Cliente do centro. s.g.

Tema marcado como favorito