Santiago

Concerto dos alumnos da EAEM no Paraninfo

  • 12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CULTURA. A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. No marco deste proxecto, hoxe celebrarase unha nova actuación no Paraninfo da Universidade, na facultade de Xeografía e Historia, ás 20.30 horas. Estas actuacións son gratuítas pero, debido á situación sanitaria provocada pola COVID, as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza (máximo dúas por persoa), enviando un correo electrónico a area.cultura@usc.es (indicando o seu nome, apelidos e teléfono), ata o día do concerto, ás 12.00 h. O público terá a oportunidade de gozar co Quinteto para clarinete e cuarteto de corda de Johannes Brahms; da man dos violinistas Clara Pedregosa e Christian Casanova, Vicent Máñez á viola, Clara Martínez ao violoncello e Bernardino Assunçao. ecg

Tema marcado como favorito