Santiago

Convocatoria urxente da comisión municipal de Memoria Histórica

Demanda o BNG os recoñecementos a Ánxel Casal e José Germán Fernández

  • 25 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O grupo municipal do BNG reclámalle ao alcalde que convoque, de maneira inmediata, a Comisión de Memoria histórica e faga as xestións necesarias para erguer o monumento de Ánxel Casal, tal como se aprobou en pleno en setembro de 2019.

Segundo explicou a súa portavoz, Goretti Sanmartín, “é incomprensíbel que Ánxel Casal, alcalde de Santiago que logo foi asasinado polo fascismo e apareceu nunha gabia en Cacheiras, que o BNG ten que homenaxear ano a ano, non teña un monumento nesta cidade”. “Parece que hai algo no grupo socialista en contra de Ánxel Casal, queremos que o diga ou que cumpra este acordo plenario posto que é incomprensíbel que a capital de Galiza non erga un monumento de homenaxe ao seu alcalde”, engadiu.

En setembro de 2019 aprobouse unha iniciativa do BNG para a creación da Comisión da Memoria histórica que, como mínimo, conte coa participación de profesorado de Historia da USC, colectivos veciñais, culturais e de recuperación da memoria antifascista, recordou.

Na mesma proposición acordouse -cos votos de BNG, PSOE e CA e mais a abstención do PP- que o Concello erga dous monumentos de homenaxe aos alcaldes Ánxel Casal e José Germán Fernández, asasinados en 1936 polas súas ideas.

Tema marcado como favorito