Santiago

Críticas do Partido Popular polo persistente peche dos centro BTT situados en Amio en na Susana

    • 24 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    RECLAMACIÓN. O Grupo Municipal Popular pediralle ao goberno local, no vindeiro Pleno ordinario, que explique que previsións manexa para poñer en servizo os centros BTT da Susana e Amio, cuxas instalación permanecen pechadas desde hai máis de tres anos. A concelleira María Antón tamén solicitará que o grupo de goberno indique que accións vai levar a cabo para promocionar estas instalacións concibidas como centro de visitantes e de rutas para bicicletas todo terreo. Os populares lembran os antecedentes destas dúas instalacións, impulsadas por iniciativa do PP, mediante a rehabilitación de dúas antigas escolas, a través de cadanseu obradoiro de emprego, que acabaron poñéndose en servizo no mandato pasado. No caso da Susana, o proceso iniciouse en 2014 e as renovadas instalacións abríronse ao público en setembro de 2017, compartindo un local de uso veciñal coa maior superficie destinada a albergar un centro de visitantes e de bicicletas todo terreo (BTT), cuxos servizos malia o prologado peche aínda se viñan ofrecendo ata a actualidade, a través dunha páxina web e foron obxecto da publicación de trípticos de distribución pública. A pesar do investimento e da promoción realizada, o centro unicamente permaneceu aberto durante uns meses no mandato anterior, mantendo pechadas as súas portas desde hai máis de 3 anos. Pola súa parte, a rehabilitación da escola unitaria de Amio foi obxecto dun acordo plenario unánime impulsado polo Grupo Popular en 2016 que precedeu a unhas obras que se remataron na primavera de 2019. Aínda que o proxecto mantiña unha función principal semellante ao da Susana (cun pequeno local cedido á S.D. Amio e o resto da superficie prevista para actividades de BTT), o certo é que -á parte do uso do local do club deportivo- a maior parte das instalacións nunca chegaron a funcionar. redacción

    Tema marcado como favorito