Santiago

Denuncian o secretismo no proceso de selección do director da Banda

Moción do BNG para que o Consorcio invista en proxectos para dinamizar a cidade

  • 23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A concelleira do PP María Antón, preguntará no vindeiro pleno os motivos da demora e da falta de información sobre a culminación do proceso selectivo do director da Banda Municipal, cando xa ten transcorrido máis de ano e medio do inicio do procedemento e despois de publicar os resultados.

A popular tamén pide información sobre que é o que impide pechar o nomeamento dun novo director titular antes de que se inicie a nova tempada, rematando coa interinidade que se arrastra a formación desde hai máis dun lustro.

Antón subliña que, despois dun longo e tortuoso camiño desde o inicio a convocatoria da praza en febreiro de 2020, que motivou xa dúas iniciativas anteriores deste mesmo Grupo, o pasado 1 de xullo celebrouse a derradeira proba selectiva e resultados das tres probas publicáronse, finalmente, o 27 de xullo, coa nota final dos tres candidatos que superaron o proceso, “onde un deles obtén unha clara vantaxe sobre o resto de aspirantes”.

Tamén no pleno, o BNG trasladará ao goberno local unha proposta para crear unha comisión con representación de todos os grupos municipais encargada de analizar e de priorizar os investimentos e os proxectos que se desenvolverán a través do Consorcio da Cidade de Santiago coa contía de 281.562.000 euros anunciada mediante o Real Padroado.

Segundo Goretti Sanmartín, o alcalde debe esixir que se incrementen as partidas dos Orzamentos Xerais do Estado e da Xunta destinadas ao Consorcio, de xeito que se materialice a achega comprometida que foi anunciou o Real Padroado.

Para o BNG é fundamental que esa achega atenda á racionalidade para a execución de proxectos encamiñados á revitalización da cidade histórica, tanto para edificios públicos, como os da USC que dinamizan a actividade. ecg

Tema marcado como favorito