Santiago

Desconvocada a folga de Urbaser en Santiago

O servizo de limpeza acordou a contratación do persoal relevista con contrato indefinido, así como convertir contratos temporais en indefinidos

  • 29 abr 2021 / 12:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Tras unha intensa negociación entre o comité e a dirección da empresa Urbaser, o persoal da contrata do servizo de limpeza do concello de Santiago acordou desconvocar a folga prevista para os días 30 abril, 1, 2 e 3 de maio.

Nas negociacións mantidas acordouse, para os xubilados parciais, a contratación do persoal relevista con contrato indefinido o cal supón que en vez de traballar o 50% da súa xornada, teñan que traballar o 25% , que vén sendo un ano menos de traballo, así como converter contratos temporais en indefinidos. Tamén se acordou retomar as negociacións unha vez que se adxudique á nova empresa, con carácter retroactivo a xanerio de 2021, valorando por parte do comité non impugnar os pregos xa que entenden que vai atrasar a licitación bastante tempo.

O comité valora que isto implicaría que non se puidera repoñer maquinaria nova, que consideran “bastante necesaria para que as persoas traballadoras fagan o seu traballo en condicións beneficiando tamén á calidade do servizo”.

Tema marcado como favorito