ENTREVISTA
O ilustrador Juan López Rico presenta a Santiago Zebedeo como un veciño máis da cidade no seu novo libro TEXTO G. López

“Este Apóstolo móvese nun ‘dous cabalos’ e vai ó Compos”

27 dic 2020 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
“Quixen romper con esa idea dese Santiago máis duro e xerárquico, e apostei por ofrecer unha imaxe próxima, amable e actual do Apóstolo, que pasea polas rúas da cidade e que visita as tascas das que xa non quedan”

“Este traballo mostra ao Apóstolo como un veciño máis de Compostela”. Deste xeito, Juan López Rico (Ribadeo, Lugo, 1955) resume a idea central do seu novo libro, Santiago en Compostela (Ézaro Ediciones), unha colección de 41 viñetas que “ofrecen unha imaxe próxima, amable e actual do Apóstolo como veciño da capital galega”. “Agás o seu oficio, podería ser a de calquera outro compostelán do común, cos paseos polas rúas ou a Alameda, contacto con peregrinos e turistas, visitas as tascas das que xa quedan poucas, os partidos do Compos e conversas con xentes que tratan con el os máis diversos asuntos e deixan ver o seu pensamento”, sinala López Rico en conversación con El CORREO GALLEGO, no que colaborou durante moitos anos.

Destaca, ademais, que a figura do Apóstolo é unha imaxe recurrente en moitos dos seus traballos, se ben pouco pouco ”foi collendo grande personalide ata convertelo no protagonista de toda unha historia”, incide o autor deste traballo. Neste sentido, López Rico destaca que quixo “romper con esa idea dese Santiago máis duro e xerárquico” e crear “unha imaxe do Apóstolo moito máis amable, que se move pola cidade nun dous cabalos e que vai os restaurantes”. Este proxecto ten o seu precedente no compromiso do autor cun descoñecido historiador, de nome suposto Xacobe, que dedicou toda a súa vida a estudar a figura de Santiago Zebedeo, a súa viaxe a Galicia, a súa íntima conexión coas xentes desta terra, o seu pensamento e as estratexias que desenvolveu para espallar a palabra do seu mestre.

Cal foi a actividade do Apóstolo desde a súa chegada a Galicia despois da decapitación e ata o descubrimento do seu sartego? Quen está soterrado na Catedral? Cal foi o papel de Prisciliano? As respostas a estes e outros interrogantes albíscanse no escrito do historiador que se recolle neste volume, malia terse perdido, se cadra agachado nalgún lugar inaccesible, o groso do seu traballo de toda unha vida.

Nesta traballo, con prólogo do catedrático de Historia Ramón Villares, López Rico admite que quixo tamén “ensamblar as historias de Santiago Zebedeo e de Prisciliano de Ávila, “xa ambos teñen moitos puntos en común e ambos foron decapitados con pouco máis de 40 anos”.

Ao longo da súa carreira, este prestixioso ilustrador galego participou en diversas publicaciones e iniciativas colectivas como Longalíngua, Infoecología, EFEverde, entre outras. En 2019 publicou o seu primeiro libro de viñetas de temática medioambiental, ¡Houston, tenéis un problema!, un traballo no que emprega o humor como ferramenta para concienciar sobre o “gravísimo risco que afrontamos se non damos un xiro radical a nosa relación coa naturaleza”.

Cambio climático, contaminación, enerxía, urbanismo desmedido, incendios forestais, residuos y reciclaxe ou política ambiental son algunhas das cuestiones que López –como asina a súas viñetas– debulla nas 134 páginas deste libro.

Agora, tras a publicación de Santiago en Compostela, avanza que xa está traballando nunha nova historia da que prefire non dar pistas.

Tema marcado como favorito