Santiago

Ferusa esixe que se doten de servizos a todas as áreas do Pacto polo Rural

Reclama “medidas contundentes” para solucionar o problema do vertedoiro de Grixoa

  • 27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Federación de Asociacións Vecinais do Rural de Santiago reclama ao pazo de Raxoi a dotación dos servizos esixidos no só con calificación de urbano, respondendo o acordado no Pacto polo Rural. “A situación actual considerámola discriminatoria respecto ao solo urbano integrado na malla urbana que conta cos servizos correspondentes, tendo en conta ademáis que o IBI no rural nas ordenanzas 11,6, 6ª e 6b está en valores como se contase cos servizos e non se bonifica a súa carencia”, sinala.

“Facemos un chamamento á corporación municipal (equipo de goberno e grupos da oposición) a que busquen a solución inmediata á problemática exposta que non deixa que vexamos con claridade a igualdade no respecto aos dereitos da cidadanía”, engaden desde a entidade, ao tempo que inciden en que “queremos un rural digno e integrado, o noso Concello ten a obriga de entendelo e respectalo na súa integridade. Os pasos de vacas non nos parecen medio para dignificar ao rural de Santiago”.

Con isto, subliñan que “botamos de menos as dotacións que teñen os concellos límitrofes cos que pensamos se poderían compartir medios para dar solución a problemas de carencia de servizos. Manifestamos a nosa disconformidad coa posta en marcha con efectos de 1 de xaneiro de 2021 do cobro pola recollida de lixo nos lugares que non teñen abastecemento de auga, tendo en conta ademáis que o servizo está sendo moi deficitario en frecuencia e dotación de medios: carencia de contenedores, mal estado dos existentes... Non temos problema en pagar polos servizos pero argumentamos que este non é o momento dada a previsión de novo convenio que esperamos contemple melloras e mecanismos de control de calidade e cumprimento”.

Por outro lado, aseguran que no rural de Santiago séguense sufrindo “as graves consecuencias do funcionamento do vertedoiro de Grixoa, que pese a repetidas sentencias favorables ás nosas reivindicacións, algunha delas xa firmes, os reponsables seguen a mirar para outro lado. Facemos un chamamento aos organismos con competencias para que adopten medidas contundentes para poñer fin a unha situación que pon en risco cada día a seguridade e saúde dos veciños”. ecg

Tema marcado como favorito