Santiago

Goretti Sanmartín esixe melloras no novo sistema de recollida de lixo

Acusa unha evidente falta de planificación, coordinación e nula participación cidadá

  • 21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, mantivo un encontro con representantes da asociación Hostelería Compostela para coñecer de primeira man as súas propostas para mellorar o sistema de recollida selectiva de residuos en comercios, bares e restaurantes da zona histórica, que o Goberno local puxo en marcha de maneira improvisada. “En concreto, o BNG coincide en que existe unha falta de planificación, de coordinación e ausencia de participación cidadá e, concretamente, da hostalaría nos cambios introducidos co novo sistema porta a porta para estes negocios”, manifestou Goretti Sanmartín. Segundo explicaron, a información proporcionada polo Goberno local foi deficiente posto que non se levou a cabo a enquisa e o feito de poñer agora un punto de información non é suficiente para resolver as dúbidas da actuación. O BNG tamén considera que o sistema de “illas de quita e pon” debeu contar co visto e prace da Comisión asesora de patrimonio histórico, antes de poñelas en marcha, para avaliar os materiais e a estética, que deben ser acordes á contorna. Tamén é necesario que se realice unha limpeza das illas e do espazo que ocupan logo da súa retirada cada xornada para deixar en boas condicións o lugar en que se asentan. En canto ao sistema de traslado de residuos á planta de Sogama en Cerceda, Goretti Sanmartín lembrou que o BNG rexistrara alegacións ao prego do contrato, que non aposta pola reciclaxe nin pola compostaxe de materiais orgánicos, como require a normativa europea e o contido na Axenda 2030. Advirte tamén de que o Goberno local se negou a realizar un proxecto para crear unha planta de compostaxe comarcal que podería supor uns 100 postos de traballo para a área de Compostela. d.seijas

Tema marcado como favorito