Santiago

Investigación oncolóxica dunha alumna da Compañía de María

  • 29 abr 2021 / 11:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este mes de abril deron comezo as presentacións dos proxectos de investigación do alumnado que cursa STEMBach no Colexio Compañía de María de Santiago. Iniciou as presentacións a alumna Fátima Vilar, cun proxecto que levaba por título Estudo Biopsia Líquida en Oncoloxía. O seu titor, Miguel Abal Posada, do grupo ONCOMET, destacou a importancia de achegar a investigación á poboación.

Baixo o STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía) búscase promover a vocación e o interese pola investigación en todos os ámbitos científicos. Altérnase unha formación máis teórica coa elaboración dun proxecto baixo a tutela dun investigador dunha universidade ou centro investigador. Desde a Compañía de María destacan a satisfacción de ver como as novas xeracións mostran interese e curiosidade por aprender tendo como base a investigación.

Tema marcado como favorito