Santiago
{ In memoriam }

José María Rodríguez Iglesias ‘Loquis’

  • 25 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Fai a penas uns minutos acaban de comunicarme a morte de Loquis. A palabra que inmediatamente me veu a cabeza ¡Imposible! Pois así é a vida, nun suspiro, en calquera momento, deixamos de existir. Porén, Loquis aínda tería que quedar entre os que somos e seguiremos sendo os seus amigos.

A redor de Loquis, estabamos sempre os mais achegados, porque nos resolvía as saídas a lugares emblemáticos de Galicia. Ir con el Os Ancares, O Caurel, A Trevinca...incluso achegarnos as Terras asturianas ou a Portugal, eran excursións de lembranzas inesquecibles, das que sempre aquí e acola, falamos delas. Porque Loquis, era unha persoa simpática, culta, gran defensora do medio ambiente, cando os ecoloxistas non estaban tan visibles e afrancesada coma min.

A súa capacidade de comunicación e sintonía con persoas descoñecidas, permitíanos ao grupo resolver situacións embarazosas. Por outra banda, o cabo das xornadas de camiñar polo monte ou visitar aldeas e vilas, os comentarios e reflexións durante a cea eran ben simpáticos.

Nun Proxecto Europeo: INTERREG. Galiza-Norte de Portugal (2003-2009), que desenvolvía a Fundación Menela de Vigo, Loquis encargárase da loxística para localizar nas vilas e cidades, edificios públicos ou privados que precisasen dunha intervención de cara o Lecer sen barreiras, para persoas con discapacidade, liderado polos centros para persoas con discapacidade de Melgaço e Vigo. O mesmo tempo encargaralle para a revista Maremagnum, como grafista que era, e antigo colaborador de EL CORREO GALLEGO o gravado da portada da revista Maremagnum nº 8, 2004.

Cecilia, non podo desprazarme a Lugo e darte un abrazo, nun momento tan complicado, e aínda inesperado, pero quero apuradamente despedirme do teu compañeiro Loquis con este In Memoriam.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.