Santiago

Luz verde á renovación de once buses urbanos

Aprobouse tamén a licitación do mantemento e suministro do alumeado público exterior

  • 29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Tras a Xunta de Goberno, o executivo municipal deu luz verde á renovación de once buses de transporte urbano, dos cales nove están adscritos o transporte urbano colectivo de viaxeiros levado a cabo pola empresa Autobuses Urbanos de Lugo, S.A e Trapsa, “cun prazo máximo de un mes para que entren en funcionamento”. Así mesmo, aprobouse tamén o procedemento de o alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio. O orzamento base de licitación deste contrato é de 49.984.582,31, e contémplase por un período de dez anos.

REFORZOS NAS LIÑAS DE AUTOBUSES. No relativo á renovación dos buses urbanos, adiantou o rexedor que “tres estarían dispoñibles e seis veñen de camiño”. E engadiu que reforzarían “aquelas liñas que presentan máis problemas e nas que hai maior número de viaxeiros”. Os outros dous, substituirían a dous vehículos da liña 7 de San Roque-Aríns, prestada pola operadora Rías Baixas SL. “Dous buses novos, que poderían empezar a operar entre esta semana e a próxima”, segundo avanzou Sánchez Bugallo. Ademais, apróbase a adscrición dun terceiro vehículo, con data de matriculación de 2016, como vehículo de substitución dos anteriores e sen custe algún para o Concello, para o suposto de que fose necesario.

AFORRO ELÉCTRICO SUPERIOR A0 50%. O executivo municipal aprobou tamén a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de Servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministro do alumeado público exterior do Concello de Santiago.

Neste senso, explicou o alcalde na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, está previsto substituir uns 30.000 elementos. Sinalou que mentres que “actualmente temos aproximadamente unhas 28.000 farolas”, vanse incorporar algunhas máis. A previsión que hai é que unha vez adxudicado, “no prazo de oito meses, se proceda á substitución de todas as luminarias que pasarían a ser leds”.

Actualmente as que son leds non chegan ao 10%, sinalou Sánchez Bugallo, polo que o obxectivo é que todas as luminarias pasen a ser leds, as do centro, as dos barrios e as das parroquias, “con iso contamos cunha diminución do 50% do consumo, aínda que esperamos que as ofertas melloren esta reducción, situándoa por enriba do 60%”.

Alén, A Xunta de Goberno aprobou otros acordos entre os que cabe destacar: a licenza ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a construción dun edificio de 24 vivendas de promoción pública na rúa do Castiñeiriño 81, cun orzamento de 3.260.662,44 euros; a apertura de procedementos de licitación das Obras de rehabilitación de firmes de vías urbanas 2022, cun orzamento base de 458.811,10 euros.

Tema marcado como favorito