Santiago

Melloras nos barrios do Avío e O Romaño

O BNG reclamará tamén no Pleno traballos de mantemento urxentes na zona da Torreira

  • 19 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, visitou xunto coa veciñanza do barrio do Avío, a Torreira e o Romaño os distintos puntos que precisan labores de mantemento por parte do goberno local, e anunciou que trasladará unha proposición ao Pleno de maio para mellorar estes espazos públicos. Ademais, conseguiu incluír na negociación dos remanentes de tesouraría, unha partida para facer un parque infantil na parcela do centro sociocultural do Romaño, concibido como un complemento á oferta de lecer e de lugar de encontro interxeracional neste barrio.

Así, o BNG proporá no Pleno proceder á reordenación do tráfico na praza da rúa da Torreira e aos labores de mantemento, seguranza viaria e mellora da limpeza no barrio do Avío. Tamén reclamará unha oferta no programa xeral dos centros socioculturais con máis actividades e máis adecuadas para o lecer e a saúde das persoas maiores. O terceiro punto da iniciativa vai destinado a que o goberno local realice as xestións necesarias para, en colaboración con outras administracións, darlle continuidade á reurbanización da travesía provincial do ámbito do Avío-Torreira-Romaño.

A veciñanza do barrio do Avío, A Torreira e O Romaño enviou aos grupos municipais un informe coas demandas de obras de conservación e infraestruturas de servizos básicos. Destas reclamacións, a maioría son relativas ao mantemento e limpeza de elementos de zonas públicas, que requiren un escaso investimento económico, e que xa deberían estar programadas para facer de xeito periódico para evitar unha maior deterioración e gasto dos recursos.

Tema marcado como favorito