Santiago

Múltiples multas alertan aos composteláns e esixen campañas informativas

Queixas por sancións que chegan xuntas,por un problema de actualización das tarxetas de residentes

  • 21 sep 2022 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O BNG reclámalle ao goberno local do PSOE unha campaña para renovar as tarxetas de residentes “en vez do afán de multar e multar”. Cuestionan o afán recadatorio do Goberno local mediante o uso do coche multamóbil, xa que “non realizou unha campaña informativa para que as persoas que dispoñen de tarxeta de residente renoven e actualicen os datos”, sinalan.

“Diversas persoas trasladaron queixas ao BNG por recibiren multitude de multas, que chegan todas xuntas, pese a teren a tarxeta de residente”, sinalou a portavoz do grupo, Goretti Sanmartín. “Se ao Goberno local do PSOE lle interesase que funcionase ben, primeiro debería realizar unha campaña de información sobre a necesidade de renovar a tarxeta de residente e explicar o procedemento en vez de multar de xeito reiterado por un problema de actualización dos datos”, explicou. A isto súmase a intención de multar os vehículos que están en dobre fila e nas beirarrúas, “cando debe habilitar máis espazos de parada que faciliten que a xente poida realizar uns recados en 10-15 minutos sen entorpecer o tráfico”. Deste xeito, apuntan, gáñase fluidez na mobilidade e contribúese a crear unha maior conciencia cívica, en vez “do afán por multar que ten este Goberno local, indicou a portavoz do BNG”.

Goretti sinalou tamén o problema dos atascos nas inmediacións dos centros de ensino en horario de entrada e de saída, para o que “é necesario unha campaña específica dirixida a nais e pais co obxectivo de reducir a presenza de vehículos ás portas dos colexios”. S.g.

Tema marcado como favorito